Maratón Autonómico Urbano Special Olympics

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu o pistoletazo de saída ao “23 Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia Santiago de Compostela 2021”, que se celebra no estadio Vero Boquete. Esta nova edición conta coa participación de 49 deportistas con discapacidade intelectual, que están acompañados por 11 adestradores

Botamos de menos as grandes inauguracións, os desfiles de todas e todos os deportistas e das persoas voluntarias, o deporte en grupo…
Pero o máis importante agora é que pouquiño a pouco podemos ir retomando o ritmo das probas e sobre todo… saír ao mundo a facer deporte!!
Hoxe celebramos os XXI Xogos de Atletismo coas entidades de Aspanas, Asociación Galega San Francisco, Asociación Apader e Asociación Prodeme
¡Felices de compartir xornada deportiva connvosco!